ACAMPADA

O Festival Reina Loba contará con dúas zonas diferenciadas de acampada. ambas serán gratuítas e dispondrán de zonas habilitadas para lavarse con tomas de auga, xabóns ecolóxicos e baños secos ecolóxicos.

Ambas zonas están situadas á sombra de centenarios castiñeiros, polo que manter limpa a zona é unha importante labor de todxs.

 

O Cámping Brisa é a zona de acampada ideal para familias, xente que busca tranquilidade, descanso e tomarse o festival doutra maneira. Elixe esta zona se vés con peques, queres relaxarche e poder descansar.

O cámping trono é para os mais transochadores e fiesteros, que gozan acotío do festival. Elixe esta zona se queres cantar e bailar a calquera hora e se non che molestan os tambores.