MANIFESTO

Plantas a túa tenda entre carballos centenarios e castiñeiros, o aire limpo chea os teus pulmóns, o son da música ponche a bailar… benvidxs ao Festival Reina Loba, encontro de artes, música e ecoloxía organizado por Espacio Matrioska nos Blancos, Ourense.

O Festival Reina Loba é un encontro libre e gratuíto, para todos os públicos e todas as idades.

Mesturamos a festa coa concienciación e a divulgación sobre a contorna e o respecto ao medio ambiente, a promoción e intercambio de saberes a través das artes e a artesanía e músicas de todo tipo, desde folk tradicional galego a mestizaxe.

Apoiámonos en transversalidades como o feminismo, os saberes rurais, a pedagoxía e os espazos interxeracionais.

O Festival Reina Loba é baile, amor, respecto, aprendizaxe, diversión, esmorga, natureza, maiores e pequenos, familias, auga clara, amizade e colaboración.

O Festival Reina loba é a manada!